Instrucións aos autores
A Revista Española de Investigaciones Sociológicas (REIS) ten por obxecto difundir traballos académicos inéditos no ámbito da socioloxía, a ciencia política e ciencias sociais afíns, sempre que o seu contido contribúa ao mellor coñecemento da sociedade, a política ou a metodoloxía de investigación social.
Antes de enviar un manuscrito para a súa avaliación, pregámoslle que verifique que o seu contido se axusta aos obxectivos expostos. Os manuscritos fóra deste ámbito temático poderán ser rexeitados sen que se proceda á súa avaliación.
- Os traballos poderán presentarse, para a súa avaliación, en español ou inglés. Todos os artigos avaliados e aprobados publicaranse en ambos os dous idiomas na edición electrónica da revista. A edición en papel só publicará artigos en español.
- A REIS acepta para a súa publicación os seguintes tipos de manuscritos:
- Artigos: deberán ser traballos de investigación orixinais, de carácter teórico ou empírico, cun axeitado desenvolvemento teórico ou analítico e ter o formato habitual das revistas científicas especializadas.
- Notas de investigación: deberán informar brevemente de achados singulares, novas achegas, replicación de achados ou engadidos á literatura científica que xustifiquen a súa publicación sen a extensión e desenvolvemento teóricos ou o detalle analítico requirido aos artigos.
- Ensaios bibliográficos: analizarán dous ou máis publicacións recentes sobre o mesmo tema; poderán ter notas a pé de páxina e referencias bibliográficas ao final.
- Crítica de libros: serán traballos ensaísticos que analicen novidades editoriais de interese académico e científico.
- Os traballos enviaranse ao enderezo de correo electrónico consejo.editorial@cis.es, en formato Word para Windows (.doc ou .docx), especificando no "asunto" se se trata de "artigo" ou "nota de investigación". Para a súa mellor identificación, todas as páxinas do manuscrito presentado deberán estar numeradas na súa marxe inferior dereita.
- O envío de manuscritos presupón, por parte dos autores, o coñecemento e aceptación destas instrucións así como das normas editoriais.
- O autor do envío ou remitente será o destinatario de todas as comunicacións que emita a Secretaría da REIS relacionadas coa proposta. Deberá indicar un enderezo postal, un teléfono e un enderezo de correo electrónico. Esta persoa farase responsable, no caso de que existan varios autores, de contactar cos seus colaboradores e de facilitar á Secretaría da REIS a información necesaria sobre estes, facéndose responsable dos posibles conflitos sobre a autoría do manuscrito. Se se desexa cambiar o autor destinatario das comunicacións, deberá solicitarse explicitamente.
- Os traballos han de ser inéditos en calquera lingua. Será responsabilidade do autor/a informar sobre a situación dos dereitos de autor. Para os efectos do estipulado nos artigos 138-143 da Lei de propiedade intelectual respecto ás accións e procedementos que poidan emprenderse contra quen infrinxa os dereitos de propiedade intelectual, a publicación dun traballo que atente contra os devanditos dereitos será responsabilidade do autor/a.
- Deberán enviarse dúas versións do manuscrito::
- Unha versión tal e como o autor desexaría que se publicase.
- Unha anonimizada, isto é, na que se supriman todas as referencias que permitan a identificación directa do autor ou inferir a súa identidade.
- En todo caso, a Secretaría da REIS revisará a anonimización dos manuscritos.
- Achegarase unha breve nota biográfica do autor/a ou autores, de non máis de 150 palabras por cada persoa. En calquera caso, haberán de constar:
- O nome completo.1.
- A filiación institucional, que se dará en orde decrecente; isto é, primeiro a institución xeneral (entidade principal) seguido da institución ou institucións subordinadas (departamentos, etc.) na orde de dependencia orgánica que teñan. Indicarase a cidade (aínda que o nome da institución xa o inclúa) e o país. Empregarase o nome completo e oficial da institución.
- Un enderezo de correo electrónico.
En caso de que o manuscrito sexa publicado finalmente tamén se solicitará a seguinte información:
- O (os) grado(s) académico (s) máis alto(s) e a institución ou institucións onde se obtiveron.
- O cargo ou tipo de contratación actual.
- Unha listaxe coas principais publicacións.
- As áreas de investigación principais.
A Secretaría da REIS resérvase o dereito de publicar un resumo da devandita nota biográfica conforme os usos das revistas especializadas.
- Os "artigos" e "notas de investigación" levarán o título primeiro en español e logo en inglés. O título deberá reflectir o contido do artigo ou nota. Non se recomenda empregar títulos con máis de 10 palabras. Poderanse empregar subtítulos, pero en ningún caso incluirán abreviaturas.
- Os traballos irán precedidos dun breve resumo de entre 100 e 150 palabras, que terá unha versión en español e outra en inglés, sendo ambas as dúas de idéntico contido. O resumo debe expoñer con claridade a finalidade do estudo ou investigación (obxectivos); os procedementos básicos (métodos); os principais achados (resultados), e as conclusións máis relevantes, así como resaltar os aspectos novos e importantes do estudo.
- Baixo o resumo engadiranse entre 4 e 8 palabras clave en español coa súa correspondente tradución en inglés. A ser posible usaranse termos internacionalmente aceptados en socioloxía e ciencia política ou, no seu defecto, termos internacionalmente aceptados nas devanditas disciplinas científicas.
- Tras as palabras clave, incluirase o texto do manuscrito proposto que, en todo caso, haberá de aterse ás seguintes características:
- Os "artigos" terán unha extensión máxima de 9.000 palabras, excluíndo título, resumos, palabras clave, táboas e bibliografía.
- As "notas de investigación" terán unha extensión máxima de 5.000 palabras, incluídos cadros e referencias bibliográficas.
- Os "ensaios bibliográficos" terán unha extensión máxima de 4.000 palabras, incluídas referencias bibliográficas.
- As "críticas de libros" terán unha extensión máxima de 2.500 palabras. Nelas deberase especificar o autor, título, editorial, lugar e data de publicación da obra analizada, así como o nome, os apelidos e o enderezo de contacto do autor da crítica.
- En canto ao formato do manuscrito, deberanse ter en conta as seguintes indicacións:
- Empregar un só tipo e tamaño de letra: Times New Roman 12.
- Non xustificar o texto.
- Non sangrar o comezo dos parágrafos.
- Todas as abreviaturas estarán descritas a primeira vez que se mencionen.
- As notas irán a pé de páxina.
- Todas as táboas e gráficos estarán numeradas correctamente (números romanos para as táboas e números arábicos para os gráficos) e presentadas unha en cada folla, ao final do documento. Han de ter un título conciso que permita entender o contido da táboa ou gráfico. As imaxes haberán de enviarse á parte, en formato tif ou jpeg, debendo ter unha resolución de 300 píxeles/polgada, cun tamaño mínimo de 10 cm de ancho.
- Todas as referencias da bibliografía deben ter a súa correspondencia no texto, así como toda manifestación expresada no texto como pertencente a outro autor/a debe ter a súa correspondencia na bibliografía.
- As citas de libros e artigos no texto aparecerán no corpo do texto e non en notas a pé de páxina. Faranse indicándose entre paréntese o apelido do autor/a en minúsculas, seguido do ano e páxina da publicación. Ex.: (Bourdieu, 2000:31). Se dous ou máis documentos teñen o mesmo autor/a e ano, distinguiranse entre si con letras minúsculas a continuación do ano e dentro da paréntese (Coté, 1985a). Os documentos con dous autores cítanse polos seus primeiros apelidos unidos por "e" (Newton e Norris, 2000). Para os documentos con máis de dous autores abreviarase a cita indicando soamente o apelido do primeiro autor seguido de "et al.".
- As referencias bibliográficas poñeranse ao final do texto, seguindo a orde alfabética de autores e segundo as seguintes formas establecidas:
- En caso de autores múltiples: primeiro autor: apelido/nome; restantes autores: nome/apelido. Se non son máis de tres autores, hai que mencionalos a todos; se son máis de tres, hai que poñer ao primeiro e logo (et al.).
- Ano de publicación entre paréntese.
- Título do artigo ou dun capítulo dun libro entre comiñas e do libro en cursiva. O nome da revista tamén irá en cursiva.
- Lugar de publicación, editorial ou nome da revista, número e páxinas que comprende.
Como referencia, pódense citar os seguintes exemplos ilustrativos:
* Referencias de libros:
- Inglehart, Ronald (1997). Modernization and Postmodernization. Princeton: Princeton University Press.
- Campbell, Angus et al. (1960). The American Voter. Nueva York: Wiley.
* Referencias a capítulos de libros:
- Newton, Kenneth y Pippa Norris (2000). “Confidence in Public Institutions: Faith, Culture, or Performance?”. En S. Pharr y R. Putnam (eds.). Disaffected Democracies: What´s Troubling the Trilateral Countries?. Princeton: Princeton University Press.
* Referencias a artigos de revistas:
- Clarke, Harold D.; Nitish Dutt y Allan Kornberg (1993). “The Political Economy of Attitudes toward Polity and Society in Western European Democracies”. Journal of Politics, 55(4): 998-1021.
* Referencias de Internet:
- Green, Melanie; Jon A. Krosnick y Allyson L. Holbrook (2001): The Survey Response Process in Telephone and Face-to-Face Surveys: Differences in Respondent Satisficing and Social Desirability Response Bias (en linea). http://www.clas.ufl.edu/users/kenwald/pos6757/spring02/tch62.pdf, acceso 1 de abril de 2011.
- Os autores deben declarar, se é o caso, soporte ou financiamento da investigación.
1
http://ec3.ugr.es/in-recs/grupoinvest ligazón contidos de interese, ou http://www.accesowok.fecyt.es ligazón sabes que tes que facer para identificar as túas publicacións científicas). Nestas páxinas web pódese obter información sobre cal é o nome de pluma que mellor convén a un autor para minimizar a perda de citas, dependendo de se este ten apelidos compostos, partículas de ligazón, etc.